Skip to Content

Visita taller

Talleres e actividades
no MUVI

Ademais das visitas guiadas ao Museo, o MUVI desenvolve talleres para grupos e centros de ensino, con contidos propios e personalizados.

Esta modalidade inclúe o taller seleccionado e a visita básica para todo o alumnado.


Obradoiro impartido por persoal sanitario acreditado, formado tamén no eido do videoxogo, no que se abordan as recomendacións para o uso saudable dos videoxogos en base á evidencia científica actual.

Falaremos dos falsos mitos que aínda perduran en torno a eles, así como dos potenciais contextos negativos de xogo, achegando gran cantidade de exemplos, información e contidos para o alumnado e as persoas titoras. 

Taller impartido por persoal sanitario

  • Duración: 2h
  • 8€ / Persoa


Visita inmersiva impartida en inglés. Un percorrido a través dos fitos máis importantes da historia do medio, resaltando o carácter internacional do videoxogo e a súa capacidade como ferramenta para a aprendizaxe e a mellora deste idioma.

Inclúe a interacción con títulos en inglés especialmente escollidos, e un cuestionario para desenvolver traballo de aula co alumnado trala visita.

Impartido polo persoal do MUVI 

  • Material didáctico
  • Duración: 2h
  • 10€ / Persoa


Neste taller exploraremos o proceso de deseño e desenvolvemento dun videoxogo da man unha persoa desenvolvedora galega , a través das súas propias experiencias e coñecementos.

Nun ambiente de diálogo e debate, o alumnado terá a oportunidade de afondar nos retos, nas estratexias e nas habilidades intrínsecas ao proceso creativo.

Impartido por desenvolvedores de videoxogos actuais

  • Duración: 2h
  • 10€ / persoa


As mulleres estiveron presentes na industria do videoxogo desde os seus inicios, pero seguen sendo minoría no sector. A pesar de representar máis do 40 % dos xogadores, só un 16 % traballa na industria en España. 

A percepción pública adoita destacar nomes masculinos, relegando a segundo plano a contribución de moitas creadoras. A través deste obradoiro interactivo, o MUVI pon en valor o papel fundamental das mulleres na industria, incluíndo referentes galegas, mediante a exploración das súas obras e achegas clave.

Este obradoiro foi deseñado coa colaboración de Museos de Galicia 

Impartido por persoal do MUVI.

  • Duración: 2h
  • 10€ / persoa


Taller no que se desenvolve un percorrido por case 40 anos de videoxogos desenvolvidos en Galicia así como das súas persoas creadoras, abordando o uso do galego nos videoxogos e a importancia da localización de contidos. 

Interacción adicional cunha escolma de diversos títulos da nosa Terra ou que gardan unha estreita relación con Galicia.

  • Duración: 2h
  • 8€ / persoa


A Transmedialidade é a estratexia creativa que fai posible expandir unha narrativa a través de diferentes medios de comunicación.

O MUVI ofrece varios talleres centrados nas relacións do videoxogo con outros medios de expresión cultural e artística. O alumnado poderá interaccionar cunha selección de obras que exemplifican en cada caso estas influencias mutuas e a reciprocidade creativa inherente aos videoxogos.

  • Talleres dispoñibles
    • Literatura e Videoxogos
    • Cinema e Videoxogos
  • Duración: 2h
  • 8€ / persoa



Obradoiro cunha exhibición de música en directo en relación a historia da industria cultural do videoxogo. 

  • Duración: 2h
  • 10€ / persoa



CONSULTA E RESERVA

Información adicional sobre obradoiros talleresdesenvolvidos no MUVI, de martes a venres en horario 11:00 - 14:00

*Mínimo 20 visitantes.
*A data é estimativa e terá que ser confirmada polo MUVI.
Idades aproximadas das persoas que van visitar o museo.
Unha vez enviada a consulta poñerémonos en contacto contigo nas seguintes 48h
Museo do Videoxogo
  • Rúa Aragón 2, Cangas do Morrazo
  •   986 11 29 31
  • info@muvi.gal


​​Visita esencial No teu centr​​​​​​o