Skip to Content

ACTIVIDADES PARA CENTROS DE ENSINO

Visitas guiadas que abordan o videoxogo como medio de expresión cultural, cun enfoque histórico, didáctico e ameno para o alumnado.

Explora as modalidades 

COÑECENDO O MUVI

A historia do videoxogo gozada dun xeito único


Museo

Achegamento divulgativo á historia do medio, con información sobre as pezas, a democratización museística dos videoxogos e a súa preservación.


Interactivo

 Para coñecer o sector do videoxogo é preciso xogar. Interactúa con 50 dispositivos funcionais escollidos entre os centos de pezas do MUVI.

 

 


Cultural

 Contextualización histórica e sociocultural dos videoxogos en todo o mundo, facendo fincapé nos títulos e autores da industria do videoxogo galego.


Audiovisual

 Achegamento a sistemas electrónicos de lecer de máxima relevancia tecnolóxica nas últimas cinco décadas do eido audiovisual.


Videoxogo Saudable

Enfoque no uso responsable e saudable do videoxogo con recomendacións por idades e contidos, en base á evidencia científica e ás guías diagnósticas vixentes no eido sanitario.


Transversal

Aproximación a un medio rico en diversidade e interconectado en múltiples aspectos coa nosa sociedade, a arte e os outros medios de expresión cultural.

 

Tipos de visita 

O MUVI ofrece nas súas instalacións diversas modalidades de visita e actividades arredor dos videoxogos, e tamén imparte obradoiros a demanda no voso centro de ensino, con persoal e material propios: 

VISITA + OBRADOIRO

Visita de alto impacto, de maior duración e profundidade: inclúe a visita básica e engade posibilidades educativas máis específicas, con talleres temáticos únicos impartidos por membros e persoas colaboradoras da Fundación MUVI. Deseñada para os que buscan unha experiencia máis intensa.


VISITA ESENCIAL

A visita esencial ou básica: unha estupenda opción para coles que non coñezan o MUVI. Dinamizada por persoal da Fundación, consta dun percorrido guiado que aborda a historia do videoxogo e a tecnoloxía a través dos diferentes espazos do museo, con tempo adicional para interactuar e experimentar.

Prezos e orzamentos

Diferentes talleres e actividades, no MUVI ou no teu centro

VISITA ESENCIAL
6€ / persoa

Actividades divulgativas e experimentación interactiva dinamizada, con pezas de tódalas épocas e adaptada a tódalas idades.

Reser​​​​​​va agora​​​​​​​​
  •  Visita no MUVI
  •  Percorrido divulgativo
  •  Xogo libre titorizado
  •  90 minutos
  •  Taller temático
VISITA + OBRADOIRO
8€ / persoa
A experiencia definitiva ao redor de contidos específicos: inmersión en inglés, o videoxogo saudable, tecnoloxía… Consulta opcións.

S​​elecci​​ona un taller
  •  Visita no MUVI
  •  Percorrido divulgativo
  •  Xogo libre titorizado
  •  120 minutos
  •  Taller temático seleccionado

Obradoiros no teu centro

O MUVI desenvolve actividades, talleres, charlas, accións e exposicións interactivas nos centros ensino e/ou lugares que se riquiran.

Obradoiros e formación


Achegámonos a vós
, desprazando persoal e material do Museo do Videoxogo, adaptando os nosos obradoiros, talleres e formación ás necesidades da audiencia e mantendo os mesmos principios de rigorosidade e enfoque educativo. Indicado para alumnado, ANPAs e profesorado.

Consultar

Pecha unha reserva

Segue estes pasos

1

Selecciona visita

Tes tres opcións

2

Enche o formulario

Consulta dúbidas

3

Envía solicitude

... e agarda confirmación

4

Reserva completa

Factura e pago

Actividades experimentais, libres e titorizadas



No MUVI as crianzas aprenderán a entender o presente do videoxogo a través dun achegamento rigoroso ao pasado, adentrándose nun universo rico e diverso máis alá dunha simple visión superficial.

Títulos e obras de grande pegada artística e cultural desafiarán os seus sentidos, nun mar de apaixoantes experiencias con sistemas electrónicos de tódalas épocas dende 1972.